Evento
Conversas de LuscoFusco
09/nov./2018 a 09/nov./2018
7:00 h a 6:00 h
Espazo de Natureza de Oza
12:52 16/10/18

Novo programa de outono da activa asociación Senda Nova. "Ás sete no Espazo" artellarase arredor do cine (“Xoves de filme”) e das charlas (“Conversas no Luscofusco”), sendo citas que se darán á devandita hora de xoves e venres, no Espazo da Natureza de Oza.
Semana do 5-11 de Novembro Filme (8 Nov): “Touro – O Pino: A ameaza do cobre“. Realización de Xosé Bocixa. Duración: 55m. Filme que presenta o caso da defensa ambiental das terras dos veciños dos concellos de Touro e O Pino en contra do novo proxecto da megamina de cobre. Conversa no luscofusco (9 Nov): “Nocións básicas sobre megalitismo” con Evaristo Domínguez Rial. No que falaremos do antigo período e manifestación cultural das grandes pedras, das que aínda conservamos numerosas construcións que dan testemuña da grande actividade dos nosos ancestros e a importancia e repercusión que tivo na nosa rexión. Todas as actividades deste programa son libres e de balde e realizaranse ás 19h da tarde no Espazo da Natureza de Oza (única limitación a capacidade do ENO) salvo a limpeza de praias que se levará a cabo en Baldaio con punto de quedada nas Saíñas.