![]()
A fibra de liño xogou un destacado papel na historia de Galicia, chegando a ser un dos produtos máis exportados do país e a súa confección unha das artesanías máis recoñecidas. A recuperación do procesado de liño lembra a tradición e mira ao futuro nun glamouroso desfile no patio de armas do Castelo.
A asociación Amigos do Liño de Galicia amosará as vangardistas e as máis tradicionais coleccións de moda o sábado 15 de setembro ás 6 da tarde, nun acto presentado polo televisivo Pepe Capelán.