xoves. 17.07.2025
El tiempo

Fernando Castro Paredes xa ten o seu Premio Galaxia de Novela

Fernando Castro Paredes no Premio Galaxia
Fernando Castro Paredes no Premio Galaxia
Fernando Castro Paredes xa ten o seu Premio Galaxia de Novela

Esta tarde de xoves estrea o libro en Cee, pero esta mañá celebrouse, Fernando Castro Paredes xa recibía o Premio Galaxia de Novela pola súa obra “O lanzador de cóitelos”.  Foi nun acto celebrado no Hotel Compostela de Santiag organizado pola senlleira editorial galega. Un evento cargado de simbolismo para a editorial, que coincidiu co 75 aniversario da asemblea fundacional de Galaxia, celebrada tamén neste mesmo espazo o 25 de xullo de 1950.

No acto participaron, xunto ao autor, Xosé M. Soutullo, director de Editorial Galaxia; Dolores Vilavedra, presidenta do xurado; as persoas que formaron parte do xurado: Tensi Gesteira, Inma Otero Varela, Ramón Nicolás e Marcos Calveiro; e Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración
de Galaxia.

Entrega Premio Galaxia a Fernando Castro Paredes
Entrega 

O argumento

Un sicario é contratado para raptar unha figura prominente das letras, un poeta húngaro emigrado a París. A operación terá un xiro inesperado e ambos os dous protagonistas acabarán confrontados co seu pasado. Con esta premisa arrinca O lanzador de coitelos, unha novela que parte dos códigos do thriller máis clásico para transcender o xénero cunha estrutura sofisticada e sedutora. A trama permitirá expoñer con eficacia un mundo de personaxes de identidades duplicadas e antagónicas. Unha obra que nos fala sobre a liberdade e a memoria, sobre o fracaso e a corrupción humanas e, tamén, sobre esa busca que emprendemos para descubrir quen verdadeiramente somos: vítimas ou verdugos.

O Lanzador de Coitelos-Libro de Fernando Castro Paredes

Biografía do autor

Fernando Castro Paredes (Tapia de Casariego, 1975) é profesor de Ensino Secundario. Desenvolve unha ampla actividade no eido do teatro escolar e
afeccionado como coordinador da agrupación Tuéjele Teatro do IES Fernando Blanco de Cee e membro do grupo Farándula Velutina. Como dramaturgo, foi recoñecido con galardóns como o Premio Rafael Dieste, o Álvaro Cunqueiro e o Roberto Vidal Bolaño. Entre as súas obras destacan
"A derradeira bala" (Editorial Galaxia, 2018), "Papiroflexia" (Editorial Galaxia, 2021), "Pallaso", "Sincronizadas" e "Ofelia ou o cabeiro da
cóbrega". No ámbito narrativo, publicou "Miss Antropía" na colección Costa Oeste de Galaxia e en 2023 foi recoñecido co Premio García Barros
por "Entomoloxía para misioneiros".

Outras novas

Comentarios