Mércores. 24.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Desfile de Outono de Camariñas

01/nov./2019
20:00 h
Pavillón
Desfile de Outono en Camarinas copia
Desfile de Outono de Camariñas

Este venres, 1 de novembro, o Pavillón Municipal de Camariñas acolle o Desfile de Outono

Un total de 7 comercios de Camariñas presentarán as súas coleccións para esta temporada.  A cita terá lugar a partir das 20 horas e no acto, que estará presentado por Saulo Fernández, participarán as empresas María Campaña, Kerubín, Oreiro, O Rincón de Chus, d’Pau, Calzados Silvia e Confecciones Elsa. Ao remate do acto haberá chocolate con churros gratis para todos os asistentes.

A concelleira de Comercio, Lara Pasantes, destacou a “boa vontade dos negocios de Camariñas para participar neste tipo de iniciativas que teñen o obxectivo de fomentar as compras no noso pobo e dinamizar a economía á vez que se pasa un bo anaco todos xuntos”.

Desfile de Outono en Camarinas

Comentarios