Martes. 05.11.2024
El tiempo

Evento

Enterro da Sardiña de Camariñas

13/feb./2016 a 13/feb./2016
18:00 h a 18:00 h
Enterro da Sardiña de Camariñas
enterro da Sardina de Camarinas 2016

Parece que chega completo o entroido a Camariñas. As “Tardes do Entroido”, de sábado a luns, haberá festas na Ponte do Porto, en Camelle, en Xaviña e en Camariñas. Haberá animación e música, inchables, obradoiros de globoflexia, e nalgúns casos karaoke ou fotomatóns. Cabe destacar que a festa en Xaviña faise en colaboración ca Asociación Abrindo Rejo onde, coma todos os anos, terán orellas, filloas, chocolate e rifarán o seu tradicional porquiño.

As ”Tardes do Entroido” contarán cunha exhibición do grupo de baile "Ponte a bailar". Será tamén en todas as parroquias, nas que realizarán de 50 bruxos e bruxas encherán as rúas de maxia, música e malabarismos.

O día forte será o Martes de entroido, día festivo, repartiremos máis de 1000 euros en premios no concurso de minicomparsas e comparsas, para os que xa están abertos os prazos de inscrición. O concurso realizarase pola tarde e no pavillón municipal de Camariñas. Será unha gran festa con moita animación, hinchables, palomitas e algodón de azúcar.

O colofón final será o sábado seguinte ao entroido. Todo parece indicar que a nosa amiga a Sardiña falecerá despois de tanta enchenta no entroido. Os seus amigos e familiares rogan unha presencia multitudinaria ao seu funeral. O velatorio será as 18:30 na Casa de Pedra. Agradécese vir de luto e chorar moito. Dende alí, o séquito sairá hacia a Praza do Mercado onde será o funeral e inhumación da querida sardiña. A música acompañará a marcha e ao final haberá unha gran chocolatada para cumplir cas últimas vontades da finada.

Programa do Entroido de Camarinas 2016

Fonte

Comentarios