luns. 07.07.2025
El tiempo

Éxito total do 'Muros Mira ao Mar'

Éxito total do 'Muros Mira ao Mar'

Pechouse a XX Edición de 'Muros Mira ao Mar' cun "éxito total de público e participación", din dende a organización. 

"A esencia destas xornadas é o noso orgullo como vila mariñeira, dando a coñecer a nosa cultura e poñendo en valor o mar, que é o noso ben máis prezado", asegurou María Lago, alcaldesa de Muros. Ademais aproveitou para agradecer "a implicación da veciñanza e do tecido asociativo nesta festa".

O fin de festa chegou co festival folclórico coa AF Ximiela, AC Ponte Vella, Grupo de música tradicional de Outes, As Carameleiras do Tremuzo e AC Princesa Dácil.

Comentarios