Venres. 29.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Entroido de Camariñas 2019

04/mar./2019
21:00 h
Pavillón
Entroido Camariñas 2019 copia
Entroido de Camariñas 2019

O acto central do Entroido de Camariñas será outro ano máis o Concurso de Comparsas, que se celebrará o luns, 4 de marzo.

O concurso consistirá nun desfile, con saída ás 20 horas da Praza do Concello e que percorrerá as rúas Avenida da Coruña, Ambrosio Feijoo, Rúa do Medio, Areal e Avenida Eugenio López ata chegar ao Pavillón Municipal, onde ás 21 horas comezará a actuación sobre o escenario.

O entroido percorrerá tamén as parroquias. O sábado, 2 de marzo, na Ponte do Porto, cun circuíto de inchables, música, chocolate e doces que comezará ás 16:30 horas no Pavillón Municipal.
O domingo, 3 de marzo, será a quenda para Xaviña. A partir das 16:30 horas instalarase unha carpa na igrexa onde actuará o Dúo Diamante e tamén haberá reparto de chocolate e doces típicos do Entroido.
O luns, 4 de marzo, en Camelle instalarase unha gran carpa na que haberá inchables, música, chocolate e doces.
Por último, o martes 5 de marzo, a festa terá lugar ás 17 horas no Pavillón Municipal de Camariñas, onde actuará o cantante Paco Nogueiras e tamén haberá inchables, chocolate e doces para todos.

Entroido Camariñas 2019

Comentarios