Xoves. 18.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Entroido filloeiro en Zas

05/mar./2019
17:00 h
Pavillón
Entroido Zas 2019
Entroido filloeiro en Zas

O concello de Zas xa ten todo preparado para recibir o entroido cun completo programa de actividades no que teñen cabida todos os públicos. O entroido zasense arrancará cos obradoiros infantís que se desenvolverán os días 4 e 5 de marzo entre as 11:00 horas e as 13:00 horas no Centro Sociocultural de Zas e no de Baio. Estes talleres son gratuítos e están dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos. Para participar é necesario inscribirse nos números de teléfono 981 751 398 ou 981 718 056.

E xa na tarde do 5 de marzo, martes de entroido, concentraranse a maior parte das actividades do programa argallado polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura. A partir das 16:00 horas, o pavillón municipal de Zas abrirá as súas portas para que os máis pequenos desfruten da tarde coas sesións de xogos, talleres de maquillaxe e inchables que lle temos preparado. A troula continuará a partir das 19:00 horas, hora á que comeza o tradicional concurso de disfraces no que  se repartirán 1.170 euros en premios  e centos de filloas entre todos os asistentes.

Entroido Cartel Zas 2019

Comentarios