“Asunción, María e José” será o título da próxima exposición que acollerá
do 8 de xullo ao 30 de agosto a casa da Cultura de Vimianzo. Trátase dunha exposición de fotografías realizadas polo noso querido
Marcos Rodríguez – do que sobra falar de todos os recoñecementos que obtiveron os seus traballos – e na que se pretende facer un percorrido polos costumes e polas historias que esconden as mans de centos de veciñas e veciños da Costa da Morte.
A través dunha serie de fotografías, Marcos Rodríguez resume o traballo de nove anos nos que entrou en centos de casas para recoller, a través da súa cámara, a idiosincrasia da xente da Costa da Morte.
A inauguración da mostra terá lugar o 8 de xullo ás 20 horas.