Evento
Exposición de Mon Lendoiro en Cee
14/set./2019 a 31/out./2019
12:30 h a 20:00 h
Galería Stoupa

07:26 13/09/19
De Carballo e Cee, pola AC.552, marchan as obras de Mon Lendoiro cara atenda-galería Stoupa. Este sábado 14 de setembro as 12:30 do mediodia terá lugar a inauguración da exposición "Trociños de papel e outros animais" do artista carballés.
Esta proposta parte da premisa de darlle unah doble oportunidade a aquelas pezas que non encaixaron (ou non cabían) na exposición para a que foran creadas. Así, utilizando o colaxe serven para crear algo novo, estético e artístico.
"Esta idea e concepto foi a que me levou a pensar nesta mostra. Poder facer artisticamente con embalaxes, papel de agasallo, albums de cromos ou calquer outro material de papel de uso cotidia xa utilizado en algo novo. E xurdirón os meus animais", explica Mon.
A obra estará na galería ceense ata o 31 de outubro.