xoves. 02.10.2025
El tiempo

Corcubión volveu unirse, cun compromiso, polo Centro de Día

Concentracion polo Centro de Dia de Corcubion 1
Corcubión volveu unirse, cun compromiso, polo Centro de Día

Volveu unirseo o pobo de Corcubión, que protagonizou unha concentración, coincidindo co Día Internacional das Persoas Maiores, para reinvidicar a apertura dun Centro de Día na vila. Os grupos políticos de BNG, PSOE e Sempre Corcubión (non asistíu o PP), uníronse á Plataforma Xuntos polo Centro de Día para esixir á Xunta que poña en funcionamento un edificio que lexa adecuado para acoller esta necesaria infraestrutura sanitaria máis de 10 anos.

Todos coinciden na aposta por un Centro de Día de xestión pública, pero dada a eterna negativa da Xunta, parece que a se abre a porta a outras solucións. Así o demandaban dende a Plataforma, que segue apostando pola xestión pública pero que pide que ese feito non sexa o único impedimento para que sexa unha realidade. E así o prometeu o alcalde, Francisco Xabier Domínguez “Drok”, que sinalou que o Centro de Día estará aberto antes de que remate esta lexislatura, con ou sen a Xunta.

Concentracion polo Centro de Dia de Corcubion 2
Luís Corral, da Plataforma, xunto cos representantes políticos

A Plataforma dou lectura ao manifesto que foi aprobado nos plenos dos Concellos de Corcubión, Dumbría e Carnota pero que quedaron sen presentar nos de Cee, Fisterra, Muros e Muxía por falta de compromiso dos representants políticos.

Un manifesto que reza o seguinte:

As nosas razón.

  • 1. Dereito a un envellecemento digno: As persoas maiores representan unha parte fundamental das nosas comunidades. É responsabilidade das administracións públicas garantirlles recursos axeitados para unha vida digna, activa e integrada na sociedade.
  • 2. Necidades crecente: O progresivo envellecemento da poboación nos concellos da Costa da Morte fai imprescindible a creación de infraestruturas específicas para atender ás persoas maiores e ás súas familias, ofrecendo apoio, atención profesional e un espazo de socialización.
  • 3. Alivio para as familias: O coidado de persoas maiores recae con frecuencia nas familias, que precisan ferramentas e servizos que lles permitan compatibilizar os coidados coa súa vida laboral e persoal. Un centro de día é unha resposta esencial a esta necesidade.
  • 4. Dinamización local: A posta en marcha dun centro de día non só cubriría unha necesidade social, senón que tamén suporía a creación de postos de traballo e o fortalecemento dos servizos sociais da comarca.

O noso compromiso:

Facemos un chamamento á Xunta de Galicia para que se dean os pasos necesarios que permitan a inmediata apertura do Centro de Día en Corcubión. Este recurso é vital para mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza maior e para reforzar o tecido social e económico dos nosos municipios.
Os alcaldes e alcaldesas que subscribimos este manifesto comprometémonos a traballar de forma coordinada e incansable para conseguir este obxectivo, convencidos de que é un proxecto xusto, necesario e urxente.

Concentracion polo Centro de Dia de Corcubion 3

Histórico do Centro de Día

Comentarios