Mércores. 24.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

A Festa do Entroido de Carballo

16/mar./2019
17:00 h
Praza do Concello
Entroido Carballo 2019 copia
A Festa do Entroido de Carballo

O mal tempo obrigou a adiar o Concurso de comparsas do pasado domingo 3 de marzo. A nova data é o sábado 16 de marzo. Ademais de disfraces haberá a estrea da última montaxe da Aula de Teatro Municipal no Pazo da Cultura e a un novo concerto do Curruncho Pop na Biblioteca Rego da Balsa.

O concurso e desfile de disfraces cambia de día e tamén de hora. Atención, porque empezará ás 17 horas, polo que as inscricións de participantes individuais ou en grupo poderán facerse de 15 a 16 horas na entrada da Casa do Concello. Tanto as comparsas
coma as carrozas, 21 en total, confirmaron a súa presenza en Carballo, polo que contan xa con preto de medio millar de participantes, a falta dos que se anoten a partir de agora.

Este ano o Concello incrementa  a contía dos premios ata os 8.500 euros, dos cales 4.000 destinaranse ás gratificacións por participación (de 125, 200 e 250 euros: dependendo do número de membros, aos 20 primeiros inscritos nas modalidades de carrozas ou comparsas infantís ou de adultos), e o resto repartirase entre os gañadores.

 

Comentarios