Evento
Fin de semana de Naufraxios
16/nov./2018 a 16/nov./2018
11:00 h a 6:00 h
11:53 06/11/18
Os Naufraxios como produto turístico e cultural. Así está intentando aproveitar Camariñas a riqueza etnográfica que dá nome á nosa bisbarra, e que nacía en 2007 como unha pequena e simbólica homenaxe aos finados no Serpent. Esta fin de semana, coincidindo co 128 aniversario de devandita traxedia, o Concello organiza unha serie de actividades nunha completa ‘Fin de Semana dos Naufraxios’ con propostas gastronómicas, culturais e turísticas.
Do 16 ao 18 de novembro, teremos unha fin de semana completa.

Ruta de Tapas
Paralelamente, do venres 16 ao domingo 18 haberá unha Ruta de Tapas dos naufraxios na que participan 20 establecementos. Ofrecerán, por 1 euro, tapas relacionadas cun barco naufragado en concreto. Participan nesta ocasión A Ría, Bar Playa, Bar Victoria, A Moleda, Belmar, O Pinar, Oasis, As Vegas, Confitería Camariñas, Taberna do Bico, Club Náutico, A Molinera, Bar Paella, Marítimo, Pizzería Xunqueira, Pizzería Brasil, Casa Trabeiro, CunKcafé, La Tavernetta, Bar Rojo e O Ariño.