Antón Rey presenta en Muros o seu libro "Son galego"

07:40 21/07/25
Este Martes 22 de xullo de 2025 ás 19 horas, Local Social de Torea, en Muros, acolle a presentación do novo libro de Antón Rey, Son galego [Editorial Medulia].
O autor, nado en Bos Aires, é neto de Juan Antonio Rey Vara, quen naceu en San Xián de Torea en 1908 e que emigrou a Arxentina en 1927 sen volver nunca á terra.
Estará acompañado do Presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo e o escritor Suso de Toro.