Venres. 26.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

O Gran Concurso de Comparsas do Martes de Entroido de Fisterra

05/mar./2019
18:00 h
Pavillón
Entroido Fisterra 2019 copia
O Gran Concurso de Comparsas do Martes de Entroido de Fisterra

O Entroido máis auténtico da Costa da Morte ten garantido o relevo xeracional. Este martes 5 de marzo volveremos vivir a oda á retranca fisterrá, co Gran Concurso de Comparsas do Entroido, máis sagrado que a Resurrección, como rezaban as comparsas o ano pasado. O pavillón municipal encherase para disfrutar cas coplas retranqueiras e coreografías que completan auténticas actuacións dignas da Gran Vía.

Antes, o venres xa comezan as actividades polas escolas, e o sábado haberá ungran desfile coas 4 comparsas participantes: as fisterrás  "Tortugas y Peces", e “Os da Charca” e “Os Trotamúsicos”, e a ceense Mamma Mía.

Ademais, o Concurso Infantil de disfraces realizarase o domingo 3 de marzo ás 17:00h na Praza da Constitución.

Entroido Fisterra 2019

Comentarios