Xoves. 22.08.2019
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Inauguración dunha exposición colectiva no Museo de Man

17/nov/2018 a 17/nov/2018
1:00 h a 6:00 h
Casa de Man
Inauguración dunha exposición colectiva no Museo de Man
O Museo de Man de Camelle acolle este sábado a inauguración da exposición colectiva 'Viento y mar', unha mostra  na que diferentes autores interpretan este concepto a través da pintura, a fotografía e os abanicos. A exposición está organizada en colaboración coa Conselleria de Cultura, Participació i esports de Baleares e o Institut d’estudis baleàrics grazas ao vínculo existente con Antoni Torrres Martorel, unha persoa moi vencellada ao noso municipio desde o desastre do Prestige. Os asistentes poderán gozar da obra de Doralice Souza, residente en Ibiza e licenciada en Belas Artes que presenta un traballo de pintura con inspiración marina e coas medusas como protagonistas e Tomeu Canyellas, doutor en Ciencias Mariñas e fotógrafo, exporá a súa colección fotográfica co mar como protagonista das súas paisaxes. Ademais, tamén se poderá gozar da exposición de abanicos ‘Al Vent’, 50 exemplares de Baleares e da Península entre os que se atopan pezas feitas con encaixe de Camariñas. O horario de visitas será os mércores e os xoves, de 11 a 14 horas; e de venres a domingos ou festivos, de 11 a 14 horas e de 17 a 19 horas.
Comentarios