Evento
As Olimpiadas Paranimais no Casino

O domingo, 12 de xaneiro, terán lugar ás 17:00h, no #EspazoCasino as Olimpiadas Paranimais, organizadas pola socia Sandra Ramilo xunto coa Protectora de Animais de Carballo. Trátase dun evento solidario para xuntar productos para os animais da protectora (que podedes traer ese día), ademais promete ser divertido. Se queredes participar nas "Olimpiadas" non só como público, podedes facelo xuntando un grupo de 6 persoas, poñervos un nome de raza de cans (exemplo. "Os Palleiráns") e enviar os datos ao enderezo electrónico kalaicoi@hotmail.com.
Clases continuas
Ademais, no Casino continúan coas súas actividades periódicas, que teñen aberto o prazo de inscrición: Danza Malinké (con Tania Veiga), Canto e pandeireta tradicional (con Miro Regueira), Clube de Lectura (con Belén Edreira) ou no Grupo de Consumo.