Evento
Os Monicreques da Barriga verde en Laxe

Este xoves 11 de xullo dá comezo a programación cultural para este verán 2019 no concello de Laxe cunha actuación de Monicreques | Para público Infantil e familiar | Duración 45 Min
SINOPSE
Dona Barriga Verde é unha obra de títere de cachaporra, que integra elementos do Barriga Verde do noso país con préstamos doutras tradicións titiriteiras europeas. Os paisanos, o demo ou a morte atópanse en escena co crocodilo ou o bebé habituais do Punch Inglés. E todo cunha grande particularidade. A desafiar as convencións do xénero e por vez primeira no noso país, Barriga Verde, protagonista da obra, é unha muller. Deste xeito, sen perder os gags clásicos, a artista achega novas perspectivas aos roles de xénero e aos estereotipos desta tradición. A Asociación Cultural Morreu o Demo colabora neste proxecto prestando asesoramento histórico e documentación. Canda a Larraitz Urruzola encargada do manexo dos bonecos, o espectáculo conta con dirección de Santi Prego, bonecos e atrezzo realizado por Borja Insua, pintura e deseño do retábulo de Kukas e vestiario de Bety Busto.
Dona Barriga Verde é unha pícara, cantarina e pandereteira que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás enca- rando as situación sen filtros, vence ao medo e ás inxustizas defendendo á súa integridade e amor propio fronte aos mons- tros, ao amor, á morte e ate ao mesmísimo demo. Con prota- gonista femenino, por primeira vez nas tradicións europeas, Dona Barriga Verde achega novas perspectivas aos roles de xénero e aos estereotipos desta tradición, supón unha actua- lización das formas e xeitos do títere popular, reinterpreta o patrimonio inmaterial desta técnica titiriteira que nos axudou a purgar as inxustizas a través da risa durante séculos
FICHA ARTÍSTICA
Actriz/titiriteira Larraitz Urruzola
Dirección Santi Prego
Deseño do retablo e pintura dos títeres Kukas
Talla en madeita e atrezzo Borja Insua
Vestiario Bety Busto
Colaboración atrezzo Pepe Penabade