![]()
Este sábado, sorpréndete co traballo das artesás e artesáns vimianceses e escolle a peza que máis che guste para pedirlla ao Apalpador, aos Reis ou a quen che teña máis aprezo!
Xornada especial no Castelo de Vimianzo, no que amplían horario de apertura até as 21h. O espazo lucirá dunha forma especial, con propostas de decoración enxeñosas por parte dos artesáns e do Concello. Ademais, a partir das 19h, repartirase chocolate e poderase subir á muralla do castelo de noite, algo que non se pode facer habitualmente. Para iso haberá visitas en grupos reducidos que poderán ter a oportunidade de ver as vistas do castelo e o Val de noite.
A campaña “Polo Nadal eu quero artesanía” é un xeito de promover o desenvolvemento local, apoiando os saberes tradicionais e a tradición da comarca como un ben patrimonial intanxible a potenciar e protexer. Agasallos orixinais e únicos cunha gran variedade de opcións: encaixe, liño, xoiaría, cestería, maquetería de barcos, olería, trenzado en palla, coiro...
Máis información:
https://www.vimianzo.gal/turismo/info.php?id=504&idioma=gl&sec=219