xoves. 01.05.2025
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Presentación do libro sobre Juan Málvarez en Muros

07/maio/2019
20:00 h
Centro Cultural
Libro Juan Malvarez CEF Vigo
Presentación do libro sobre Juan Málvarez en Muros

O martes 7 de maio o CEF de Vigo presenta en Muros o libro Juan Malvárez, que aborda o traballo realizado por Juan Malvárez  na comarca de Muros entre 1910 e 1955. Un libro realizado por Manuel Sendón e Xosé Luis Suárez Canal, coa colaboración de Josefina Novo Malvárez.

Máis info: O Libro no CEF.

 

Sinopse

Cada comarca acostuma estar asociada a un fotógrafo histórico que a representou e na comarca de Muros ese fotógrafo é Juan Malvárez. A súa cámara foi testemuña durante décadas da vida de Muros, polo que era precisa unha publicación que abordase a súa obra. Se ben é certo que posteriormente á súa morte foron incluídas en publicacións imaxes súas conxuntamente con outras de autores moi diferentes, na maioría dos casos non se especificaba a súa autoría.

Por desgraza só se conserva unha parte do arquivo que xerou, co que fundamentalmente traballamos para realizar este libro. De forma complementaria acudimos a imaxes publicadas en diferentes medios e a coleccións particulares ou institucionais para completar o estudo, tanto no que se refire a acontecementos, como o mitin de Castelao en Lira, ou as botaduras dos pailebotes, como no referente aos retratos de estudio. Dado que as placas de estudio que se conservaban eran retratos de familiares ou amigos moi achegados e da súa mesma procedencia social, polo que a relación co fotógrafo era moi próxima, foi preciso procurar nesas coleccións privadas retratos de persoas non pertencentes ao seu grupo familiar e doutros grupos sociais.

Debemos de agradecer ao Concello de Muros levar adiante a edición deste libro, así como a todos os que nos subministraron datos, dun xeito moi especial a Josefina Novo Malvárez, neta do fotógrafo. Ela foi o motor deste proxecto e sen a súa entusiasta colaboración non tería sido posíbel realizalo.

Comentarios