Evento
Presentación do libro de Modesto Fraga en Fisterra
18/dec./2019
18:00 h
Bela Fisterra

10:01 16/12/19
O vindeiro mércores, 18 de decembro, ás 18.00 horas, vai ter lugar a presentación do novo libro de Modesto Fraga, "Poesía amorosa escollida / Poesía amorosa escogida", unha antoloxía selecta en edición bilingüe galego-castelán da poesía amatoria do poeta fisterrán.
O acto de presentación terá lugar no Hotel Bela Fisterra (Fisterra) e inclúe un recital e sinatura de libros. Ao remate servirase un viño galego a todos os asistentes. Entrada libre