Evento
Presentación do libro de Yolanda Castaño en Carballo
11/maio/2019
12:00 h
Libraría Punto e Coma

12:52 06/05/19
Dous referentes da cultura galega achéganse este sábado 11 ás 12:00 á libraría Punto e Coma Carballo para presentar "O puño e a letra", última publicación de Yolanda Castaño na que se misturan poesía con banda deseñada (finalista na Gala do libro galego 2019 á mellor edición e mellor libro de BD). Para esta ocasión contaremos coa presenza do prestixioso ilustradorMiguelanxo Prado, Premio Nacional de cómic e autor, entre outros títulos, de "Trazo de Xiz", "The Sandman", "De profundis" ou "Ardalén". Unha inmellorable oportunidade de achegarse ata a libraría e levar un exemplar asinado polos dous autores. |