![invitacion-sicixia-en-cee]()
SICIXIA. Paseo polo amor e a Costa da Morte (Ignacio Vilar, 2016) desembarca en PONTECESO
Co plan de distribución e exhibición "SICIXIA NA PROVINCIA DA CORUÑA" Vía Láctea Filmes, apoiada pola Deputación da Coruña, segue levando a longametraxe a mútiples concellos da provincia
Este plan de distribución e exhibición, que achegou xa o laureado filme de Ignacio Vilar ás localidades coruñesas de Fisterra, Carral ou Ortigueira, continúa o seu percorrido iniciado decembro en PONTECESO, onde será proxectada SICIXIA o próximo mércores 5 ás 19h00 (Salón de Actos do Edificio das Escolas - Rúa Teresa Mosqueira Manso, 2).
SICIXIA. Paseo polo amor e a Costa da Morte, protagonizada por Monti Castiñeiras e Marta Lado, pode gabarse de ter obtido dende a súa estrea en cines en novembro de 2016 o recoñecemento do público e da crítica, así como de completar un exitoso percorrido por festivais internacionais:
Máis información
https://quepasanacosta.gal/quen-sae-en-sicixia/