Sábado. 14.09.2024
El tiempo

Evento

Ruta guiada polo Monte Pindo

04/dec./2016 a 04/dec./2016
10:30 h a 10:30 h
Ruta guiada polo Monte Pindo
roteiros-polo-monte-pindo Nas vindeiras semanas, o albergue liracho Portaventosa realizará dúas rutas guiadas polo Monte Pindo destinadas a todas aquelas persoas que queiran coñecer un pouco máis afondo a historia, lendas e anecdotario no que o Olimpo Celta é o protagonista. Ambas subidas terán lugar en domingo, e en cada unha delas camiñarase por sendeiros diferentes, ofrecendo dúas alternativas no referente a dificultade e capacidades físicas de cada participante. Na primeira convocatoria, o 20 de novembro, partirase dende a aldea de O Fieiro, sendo este o roteiro de menor dificultade. A segunda ruta, o día 4 de decembro, terá como punto de encontro o lugar de Vadevois, practicamente o nivel do mar, requirindo unha esixencia física maior que na anterior. Porén, o obxectivo sempre será o mesmo, acadar a Moa, punto máis alto do Monte, dende o que se pode gozar dunhas fantásticas vistas de todo o arco comprendido entre Fisterra e Monte Louro. Pero como todo nesta vida, o camiño tamén conta, é será este o valor engadido destas andainas, xa que faranse paradas explicativas nas que se irá realizando unha interpretación da paisaxe e do patrimonio do Monte Pindo, así como das historias e lendas que se entrelazan neste Monte tan singular para Galicia. Estas serán subidas abertas, nas que os participantes estarán cubertos por un seguro de responsabilidade civil, e non terán custe fixo. Cada persoa poderá aboar o que considere oportuno basado na experiencia e servizo recibido.
Comentarios