![Xornadas Astronómicas do Monte Neme]()
Este sábado 11 de Agosto, a Plataforma Monte Neme organiza unha observación da choiva das Perseidas (ou bágoas de San Lourenzo) no Monte Neme. A observación contará coas explicacións sobre Astronomía dos divulgadores José María De la Viña e Jorge Mira. Ademáis ofrecese a posibilidade de subir camiñando ao cumio do monte cun roteiro guiado pola Plataforma.
Previamente, esa mesma tarde realizarase no Local Social de Cances unha clase de Introducción á observación astronómica da choiva de estrelas Perseidas para comprendela mellor da man de José María De la Viña.
As actividades son libres, só se require a inscrición para quen queira facer o roteiro a maiores (sen custe e de prazo ata mañá venres 10).
A Introducción á observación astronómica das Perseidas será no Local Social de Cances das 19h ás 20h. O roteiro sairá dende Razo (fronte ó ArtBar) ás 21h e a actividade da observación terá lugar no Monte Neme a partir das 23h. Ademáis farase unha saída conxunta dende Carballo (sen posta a disposición de transporte) ás 22:15 pasando por Cances ás 22:30h.
Máis información a través do facebook da Plataforma (#PlataformaMonteNeme) ou o correo
[email protected]
Inscrición roteiro: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScsfZB32IykQcHB0K0bQTKghagGxQUSIraW91YZmAHJG6A_gg/viewform
Evento Perseidas: https://www.facebook.com/events/251236045488439
Máis info das xornadas: https://www.facebook.com/PlataformaMonteNeme/posts/2081899005394386