Evento
Talía Teatro estrea Vida de Cans en Carballo
15/mar./2019
21:00 h
Pazo da Cultura

12:36 15/03/19
Talía Teatro regresa a Carballo cunha traxedia que nunca deixa de ser comedia. Escrita por Cándido Pazó, "Vida de Cans" é unha comedia absurda, paródica e metafórica protagonizada por tres actores, tres cans ou tres actores que fan de cans. Sen deixar de ser actores. Sen deixar de ser cans. Están recluídos nun recinto que lles preparou o seu amo. Moi grande, moi cómodo, moi ameno, moi limpo... pero recinto. Ben tratados, ben atendidos, ben alimentados, ben acariñados... pero recluídos. Fóra do recinto está a liberdade. Cos seus desacougos, as súas incertezas, os seus perigos... pero liberdade.