Evento
Teatro en Muros
01/abr./2017 a 01/abr./2017
9:30 h a 6:00 h
Centro Cultural
17:52 30/03/17
O SÁBADO 1 DE ABRIL, NO CENTRO CULTURAL DE MUROS, O RECENTEMENTE ESTREADO ESPECTÁCULO “A CABEZA DO DRAGÓN”
Día e hora: sábado 1 de abril, 21:30 h
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – Producións teatrais Excéntricas - “A cabeza do dragón”
O sábado 1 de abril, ás 21:30 h, representarase no Auditorio do Centro Cultural de Muros a nova gran aposta da compañía Producións teatrais Excéntricas, “A cabeza do dragón”, que foi estreada o pasado 3 de marzo no teatro Principal de Santiago, con cheo total. Muros será a sexta praza na que o público poida gozar do que será un dos mellores espectáculos teatrais de 2017.
“A cabeza do dragón”, é a primeira versión en galego dunha obra de Valle-Inclán. A compañía escolleu esta farsa para poñer en escena a Valle nun espectáculo de gran formato, oito actrices e actores, con Quico Cadaval na dirección.
Esta estrea xa foi cualificada de Fito para o Teatro Galego.
Un elenco de auténtico luxo, Iván Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Patrica Vázquez, María Costas, Josito Porto, Marcos Orsi e o propio Quico Cadaval interpretan a historia da viaxe ao corazón do dragón, que se narra en tódalas culturas do mundo. Unha fábula que Valle-Inclán manipulou brillantemente con elementos actuais, crítica social, bromas políticas e anacronismos argumentais para levala cara o esperpento.
No 80º aniversario da morte do grande escritor galego, A cabeza do dragón que propón Excéntricas, móvese entre a influencia xaponesa e a tradición da farsa europea para construír un espectáculo cheo de máscaras e combates acrobáticos. Destacar tamén a escenografía e a iluminación de Baltasar Patiño, o vestiario e o deseño gráfico de Suso Montero, a música composta adrede por Javier María López e gravada polo TAC, baixo la batuta de Diego García, e as coreografías de loitas e combates ideadas por Iván Marcos.
O espectáculo está inscrito na Rede Galega de Teatros e Auditorios e as entradas xa están a venda nas oficinas do centro cultural, ao prezo de 5 euros.