Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Evento

Teatro en Muros

22/dec./2018 a 22/dec./2018
9:30 h a 6:00 h
Teatro en Muros
Dúas citas ten o Centro Sociocultural de Muros para esta semana, coa proxección de “Sicixia” e a representación de “Estás aí?”, de Redrum teatro Día e hora: venres, 21 de decembro, 21:30 h. Local: Centro Cultural de Muros Actividade: Cine – “Sicixia. Un paseo polo amor e a Costa da Morte” Un filme de Ignacio Vilar. Protagonizado por Monti Castiñeiras e Marta Lado e que mantén un lazo moi forte coa Costa da Morte. Nesta ocasión o filme chega a Muros da man do programa SICIXIA NA PROVINCIA DA CORUÑA, patrocinado pola excma. Deputación provincial e a entrada é de balde. Día e hora: sábado, 22 de decembro, 21:30 h. Local: Centro Cultural de Muros Actividade: Teatro – REDRUM TEATRO: “Estás aí?” Unha obra de Javier Daulte, protagonizada por Xulio Abanjo e Isabel Risco. “Estás aí?” é unha fascinante comedia que narra os desencontros dunha parella que se muda a un novo apartamento. O apartamento é pequeno e incómodo, as caixas da mudanza abarrotan o espazo, hai problemas coa calefacción e cos veciños de abaixo, mais isto non é nada comparado co que atopan no novo fogar: na vivenda habita un home invisible que os fará desesperarse coas súas faenas, este persoeiro, algo intratable polo seu carácter, non acepta moi ben a chegada da nova parella. En tanto están superando a sorpresa e buscan o xeito de convivir co inesperado invitado, un feito casual fará que comecen a cuestionarse o seu amor e a súa relación. Durante o proceso descubrirán que, as veces, as cousas non son o que parecen e que o xeito de comunicarnos pode construír barreiras ou destruílas. A comedia está protagonizada polos popularísimos Xulio Abonjo e Isabel Risco, especialmente coñecidos para o gran público polos seus traballos televisivos. Esta representación está incluída na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC, e as entradas son a 3,50 €, e xa poden ser adquiridas ou reservadas nas oficinas do centro cultural en horario de 8:30 a 15:00 h.
Comentarios