Sábado. 20.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Teatro infantil con Saaabor en Muros

16/mar./2019
18:00 h
Centro Cultural de Muros
Saaabor Culturactiva copia
Teatro infantil con Saaabor en Muros

Este sábado 16 de marzo, 18:00 h. o Auditorio do Centro Cultural de Muros acolle a obra Teatro de Culturactiva - “Saaabor!”
Culturactiva SCG presenta a Félix Rodríguez e a Fran Rei en Saaabor!, unha proposta para todos os públicos,
de creación propia e dirixida por Avelino González. Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música,
maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os nosos protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela, ata a máis elaborada, sen esquecer o viño e a sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia.


O espectáculo está incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios. As entradas poden reservarse ou
adquirirse durante toda a semana nas oficinas do centro cultural, ao prezo de 2,50 €.

Comentarios