Evento
XIX Mercado Medieval de Corcubión 2019

Tralo rexurdir do ano pasado, cunha das mellores edicións que se lembran, a expectación arredor do Mercado Medieval Costa da Morte é máxima. Cumpre 19 anos á única feira medieval que segue viva pola zona, a única que supera as modas pasaxeiras.
Volverá ser a recreación do Desembarco das Tropas do Arzobispo Rodrigo de Luna o gran punto diferenciador da cita corcubionesa. Un Desembarco no que os veciñ@s serán fundamentais como parte da obra, dixirida como o ano pasado por Especialistas Hípica Celta. A praia de Quenxe convertirase na noite de venres 19 de xullo nun campo de batalla, na que Xoana e o seu vasalo Gomes de Rioboo defenderán o pobo de Corcubión do malvado Capitán Caamaño.
Unhas horas antes, darase apertura ao mercado, e a vila xa comezará a vibrar cos postos de artesanía, gastronomía… que locen en todas as feiras, así como os pasarrúas de música e o teatro de rúa, destacando a presencia do coñecido Fauno, ou os espectáculos de cetrería. Non haberá parada ata a noite do domingo 21.