Martes. 23.04.2024
El tiempo

Corcubión volve ao medievo con máis forza ca nunca

Corcubión volve ao medievo con máis forza ca nunca
corcubion-mercado-medieval-2018 Os organizadores sinalan que máis de 30.000 persoas visitaron o Mercado Medieval de Corcubión durante a súa 18ª edición. Imaxe: David Lourido "Diría que éste foi o mellor Mercado dos 18 anos de historia". Cun gran sorriso na boca, José Piñeiro - presidente da asociación organizadora do Mercado Medieval "Costa da Morte" Corcubión - facía estas declaracións unha vez pechada a 18ª edición que conseguiu que máis de 30.000 persoas visitaran ao longo da fin de semana a vila e o seu contorno. desembarco-mercado-medieval-corcubion Nesta edición recuperouse o Desembarco, o elemento diferenciador do Mercado Medieval e no que participaron máis de 100 veciños e veciñas. Imaxe: Rafael Quintáns Os propios postos de artesanía e degustación ademais dos espectáculos na propia feira foron un dos principais reclamos para os visitantes, ainda que nesta 18ª edición conseguiuse recuperar a forza doutras actividades paralelas. E un claro exemplo foi o Desembarco das Tropas do Arcebispo Rodrigo de Luna - o gran elemento diferenciador do encontro e “o pilar básico, o feito histórico sobre o que se montou todo” - do venres á noite na praia de Quenxe e no que participaron uns 100 veciños e veciañas da vila. mercado-medieval-corcubion Durante os tres días de mercado, as rúas de Corcubión acolleron varios espectáculos itinerantes. Imaxe: Rafael Quintáns O evento chegou a "colapsar" Quenxe o venres á noite, momento no que "non cabía unha agulla máis", segundo sinalan dende a organización do mercado medieval. A recuperacion da representacion con xente da vila despois de varios anos e realizando varios ensaios xerais, foi a nota máis destacada de todo o acto. Unha vez rematado o Desembarco a actividade concentrouse de novo na vila de Corcubión onde se izou o pendón e se realizou a tradicional procesión dos "traidores". Torneo Medieval torneo-medieval-corcubion-2018 O sábado pola tarde, o areal de Corcubión acolleu o Torneo Medieval presenciado por centos de persoas. Imaxe: Rafa Quintáns Outra das actividades estrela desta edición do Mercado de Corcubión foi o Torneo Medieval que se celebrou o sábado á tarde e que serviu para quencer os motores dunh completa noite que culminou co espectáculo “Errantes” de Troula "que encandilou ao público", sinalan os organizadores. corcubion-torneo-medieval Miles de persoas presenciaron o sábado á tarde o Torneo Medieval que se disputou no areal de Corcubión. Imaxe: Rafa Quintáns Bares e outros establecementos hostaleiros da zona ateigados de xente durante toda a fin de semana demostraron a importante incidencia que ten esta cita na economía local. O Mercado de Corcubión é un reclamo para unha boa parte dos veciños e veciñas da Costa da Morte e doutras vilas que sobrepasan as fronteiras da comarca. [video width="640" height="352" mp4="/media/quepasanacosta/files/2018/07/23/WhatsApp-Video-2018-07-22-at-16.35.56.mp4"][/video]   ¡Longa vida ao Mercado Medieval de Corcubión!

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios