Xoves. 25.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Xornada de Improvisación en Ponteceso

27/abr./2019
18:00 h
Praza do Recheo
Xornada de improvisacion en ponteceso
Xornada de Improvisación en Ponteceso

Mestres/as e alumnos/as regueifeiros participarán este sábado na I Xornada de Improvisación Concello de Ponteceso, nunha carpa instalada na Praza do Recheo.

Así, a partir das 18:00 horas dará comezo un encontro interxeracional e multicultural no que poderemos ver a mestres regueifeiros/as bergantiñáns tan experimentados/as como Suso de Xornes, Lupe Blanco, Alba María e Antonio de Xornes fronte a un grupo alumnos/as de regueifa e improvisación oral en verso do IES Maximino Romero Lema de Baio (Zas), herdeiros/as da nosa cultura e responsables de dar continuidade a esta fermosa e apaixonante tradición, tan arraigada na nosa comarca.  E para completar un cartel de luxo contarán coa presencia, por primeira vez, do artista vasco Iñaki Iturriotz e da catalá Catarina Canyelles, encargados/as de dar a réplica nunha tarde que promete diversión, arte e moita tradición

Comentarios