Falece un mozo de Laxe nun accidente laboral en Valdoviño
    23:21 07/03/16 
            
                  Un rapaz de 22 anos faleceu esta tarde no municipio coruñés de Valdoviño despois de precipitarse do tellado no que traballba. Segundo datos do 061, o accidente laboral tivo lugar pouco antes das 18 horas no lugar de san Pedro de Loira.
P.T.A., veciño da parroquia de Castrelo (Laxe), caeu dende o tellado dunha nave da madeireira "Industrias Cándido Hermida" e faleceu no lugar do sinistro. Ata o lugar desprazáronse unha ambulancia asistencial e outra medicalizada que nada puideron facer para salvarlle a vida do mozo.
O mundo do motor costeiro está de luto, pois o falcecido, Pablo Torrado Amado, compañeiro de andainas de Dani Carracedo e Nico Varela, foi subcampión galego de Enduro.
Fonte
                              - Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Europa Press
 
       
       
             
             
         
           
          