xoves. 01.05.2025
El tiempo

Lembrazas e Cabezudos para arrincar as Festas da Xunqueira

Lembrazas e Cabezudos para arrincar as Festas da Xunqueira
Susana Gomez Castineira pregoeira de Cee-Foto-Rafa Quintans 2 Susana Gómez Castiñeira foi pregoeira de Cee-Foto-Rafa Quintáns

Arrincaron as Festas da Xunqueira, e o fixeron por todo o alto. Foi Susana Gómez Castiñeira, esa brava aventureira ceesa, a que fixo de pregoeira dando o pasado sábado 12 de agosto o pistoletazo de saída á festa. A Alameda enchiuse para escoitar os 23 minutos desta deportista afincada en Lanzarote que nos obriga a falar de xeo e desafíos extremos.

Susana Gomez Castineira pregoeira de Cee-Foto-Rafa Quintans Susana Gómez Castiñeeira dando o pregón-Foto-Rafa Quintáns

Precisamente esa necesidade de seguir sobrepasando muros, Susana pensou no eterno “Por que non?” para decidirse a vivir dende o estrado este reencontro con Cee sendo a voz dun pobo que comeza as festas patronais. A filla do Charango recordou aquela infancia hai 25 anos, na que os bancos estaban asignados a cada cuadrilla. Tamén aqueles tempos nos que a ditadura machista alonxaba ás mozas dos deportes “de homes”.

 

Un domingo de cabezudos

A tarde do domingo foi moi especial. Volveron os cabezudos saír á rúa a facer as delicias dos máis pequenos. Xa pola noite a música solu invadíu a praza co concerto de Black.

Cabezudos nas Festas da Xunqueira de Cee-Foto-Rafa Quintans 2 Cabezudos nas Festas da Xunqueira de Cee-Fotos-Rafa Quintáns

Luns, martes e mércores de festa

Programa Festas da Xunqueira 2017

Aínda queda a parte máis do programa das Festas da Xunqueira. Este luns O martes 15, o día grande, arrinca ás 13:15 coa Escola Municipal de Müsica, e coa sesión vermú. Pola noite verbena e a famosa gran sesión de fogos artificiais a partir das 0:00h.

Non para a festa para o domingo, pechando co concerto de Rosana.

Novas relacionadas

Fonte

  • Cee.

Comentarios