xoves. 01.05.2025
El tiempo

O alumnado do IES Fernando Blanco prepara a decoración do nadal

O alumnado do IES Fernando Blanco prepara a decoración do nadal
Luces de Nadal no IES Fernando Blanco Luces de Nadal no IES Fernando Blanco Luces de Nadal no IES Fernando Blanco s Dun xeito moi didáctico están preparando o nadal o alumnado dos ciclos formativos de instalacións eléctricas e automáticas e de mantemento electromecánico do IES Fernando Blanco. Os estudantes, baixo a dirección e supervisión do seu profesorado, construíron os adornos de Nadal que están a instalar nestes días coa axuda dos bedeis, para decorar o instituto. Éste foi un traballo coordinado entre o alumnado dos dous ciclos. O alumnado de "mantemento electromecánico" construíu as estruturas metálicas que serven de soporte para a instalación eléctrica, que foi a tarefa que lle correspondeu facer ao alumnado do ciclo de "Instalacións eléctricas e automáticas". O resultado final son caixas de agasallos penduradas das árbores, estrelas, frases con bos desexos e figuras alusivas ao nadal que brillan con luz propia e contribuirán a crear ambiente navideño no IES Fernando Blanco.   Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • IES Fernando Blanco
 

Comentarios