![datos-paro-costa-da-morte]()
O número total de parados na Costa da Morte situase en 9.282 persoas
Por segundo mes consecutivo, o paro baixa no conxunto do estado e tamén na
Costa da Morte. Así se desprende dos datos publicados onte polo ministerio de Emprego relativos ao mes de marzo. Así,
o número de desempregados na bisbarra sitúase en 9.282 persoas; o que supón 429 parados menos que o mes anterior.
Por concellos, o de
Carballo foi o que rexistrou un maior número de altas novas, xa que en marzo incorporou ao mercado laboral 134 novas persoas. Séguelle o de
Dumbría, con 43 novas altas á Seguridade Social. No lado oposto está o concello de
Carnota, que suma seis novas persoas á lista de desempregados.
Datos da comunidade
En canto ás provincias, A Coruña lidera a baixada con respecto a marzo de 2016 (-10,22%), seguida de Ourense (-10,10%), Pontevedra (-8,58%) e Lugo (-8,49%) e sobre os sectores de actividade, o desemprego diminuíu en todos eles, liderando o descenso con respecto a hai un ano a construción nun -18,98%, seguido da industria cun -12,47% e da agricultura e pesca cun -10,15%.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Ministerio de Emprego