![Oficina de emprego de Cee]()
Oficina de emprego de Cee. Imaxe de arquivo
O mes de setembro e o final do verán trouxeron consigo a consecuente subida do número de parados,
con 95 desempregados máis nas comarcas de Bergantiños, Soneira, Xallas, Fistera e Muros con respecto ao mes de agosto deste ano.
Segundo os datos publicados onte polo Ministerio de Emprego, a de
Fisterra foi a comarca desta zona na que máis subiron o número de parados, con 123 persoas máis nas listas do antigo INEM. Pola contra, a de
Soneira rematou o mes de setembro con 3 parados menos con respecto ao mes anterior.
Por concellos, o de
Dumbría e o de Cee foron os que rexistraron un maior incremento de parados, con 44 persoas en cada un dos casos. Na situación contraria están os concellos de
Vimianzo e de Mazaricos que teñen 18 e 11 parados menos, respectivamente.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Ministerio de Emprego