Os 7 establecimentos da Costa da Morte que recolleron a placa de Recomendados da Guía Michelín 2026
12:43 25/02/26
Entregábanse esta pasada noite no Palexco da Coruña os recoñecementos como establecimentos Recomendados pola Guía Michelín 2026. Entre os 63 hoteis e restaurantes nomeados de toda Galicia, acodían tamén os representantes de 7 establecimentos da Costa da Morte, que recolleron con orgullo as placas outorgadas por CaixaBank.
Os galardoados son:
- Lonxa D’Álvaro (Muxía).
- Fragón (Fisterra).
- Tira do Cordel (Fisterra).
- Tavernetta da Ponte do Porto (Camariñas).
- Landua (Mazarucos).
- Material (Malpica).
- Hotel Balarés (Ponteceso).
Máis arriba no prestixioso ranking gastronómico, con Estrellas Michelín, quedan o Retiro da Costiña de Santa Comba, con 2; ou o Terra de Fisterra e As Garzas de Malpica, con unha.
E por abaixo, na categoría Bg Gourmet, tamén están recoñecidos o Villa de Oro de Camariñas e o Pementa Rosa de Carballo.
Máis novas







