Martes. 29.11.2022
El tiempo
Alberto Pose
10:57
13/09/12

Crise no fútbol da Costa?

Crise no fútbol da Costa?
Volve o Futbol da Costa

Comenzou a rodar de novo a balón na Costa da Morte. Xa van un par de fines de semana nas que os equipos están a disputar outra emocionante tempada.

Unha tempada marcada polo novo Plan Competicional, que afecta aos equipos da 1ª Autonómica, que terán que enfrontarse a equipos da zona de Santiago e do Barbanza. Xa sabedes o que opino sobre isto, e tempo teremos para valorar o longo da tempada.
Xa comentaba en anteriores crónicas a tempada pasada as sensacións que tiñan os presis de varios clubes cando comentaban que neste ano tiñan que cambiar algo. E que tiña que cambiar? a falta de cartos!!!

Nestes tempos de crise todos os sectores se ven perxudicados e como non ía ser menos o deporte afeccionado non escapa a esta situación. Para superar todo isto toca imaxinación, e máis traballo, por se xa tiñan pouco!

Pero tamén me gustaría resaltar que, a pesar da crise, na Costa nacen novos equipos. É moi curioso pero é a realidade, ata para iso somos especiais aquí na Costa. Dende aquí só podo darlle a benvida e desexarlle toda a sorte do mundo ao Castrelo, Baíñas e Ameixenda e un futuro pometedor no fútbol da Costa.
Tamén doulle moita sorte a outro "novo" equipo, o Xallas de Santa Comba, unha fusión moi acertada. E máis acertada é a decisión das persoas que elixiron para gobernar o barco a nivel deportivo, tanto Manolo Corredoira, como Huelvis son as persoas máis indicadas para este traballo. Moita sorte.

En definitiva, sorte a todos os equipos costeiros e que continúe o espectáculo. Pero para espectacular o que se viviu a finais de agosto na Costa da Morte, co final de etapa da Vuelta a España no Mirador do Ézaro, penso que non chegan os adxectivos para expresar o vivido. Dende aquí agradecerlle ao Concello de Dumbría por este día, gracias. Non todo vai ser fútbol...

Crónicas da semana

Fonte

comentarios