Xoves. 28.03.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Trío de cabeza e primeiros puntos para Baíñas e Castrelo

3ª Autonómica: Trío de cabeza e primeiros puntos para Baíñas e Castrelo
2ª xornada da 3ª da Costa e prevese unha liga moi igualada. Só 3 equipos suman 6 puntos, mentres que son 4 os que quedan sen puntuar, unha vez que dous dos novos, Baíñas e Castrelo, sumaban o seu primeiro punta da historia. E o facían ante dous supostos dos de arriba, como son Coristanco e Laxe, que se manteñen en zona noble con 4 puntos. Líder é o sorprendente Soneira B, cunha boa xeira de xogadores xuvenís que aínda non tiveron que recoller o balón do fondo das súas mallas. Con 6 puntos tamén está o Independiente que vencía ao Cerqueda nun dos partidos da xornada. Completa o trío de cabeza o Porteño, que parece que este ano vai polo ascenso dende o primeiro día, e superaba a un Nantón do que se esperaba máis.

Ameixenda - Soneira B (0-4)

  • AMEIXENDA: Sergio, Diego (Jesús, min.63), Demetrio (Jose Manuel, min.46), Mateo (Manuel Caamaño, min.75), Javier Bichiño, Javier Jorge, David Bicho, Borja (Manuel Lago, min.75), Javier Caamaño e Diego Riolo.
  • SONEIRA B: Martín (Víctor, min.46), Chuchi, Alberto, Pichón, Curra, Jemisa, Cristian Canosa, Cristian Figueroa, Chino, Félix (Chans, min.69) e Fernando (Richi, min.65).
  • Goles: 0-1, min.20: Fernando; 0-2, min.35: Chino; 0-3, min.60: Chino: 0-4, min.80: Chino.
Comezo forte do filial Soneirán, único equipo que non encaixou gol nas dúas xornadas xogadas. Non pasou apuros o equipo de Jose Angel para dobregar a unequipo novato que lle falta rodadura. Chino foi o gran protagonista do encontro, marcou tres goles e dou a asistencia do outro. Parece que se agardan movementos xa no banco do Ameixenda e xa soa certo adestrador local que estivo o pasado domingo no San Pedro de Refoxos.

Camelle - Alcaián (2-0)

  • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido (Coruña, min.78), Manuel, Valiña, Matías, Iván, Varu (René, min.77), Sergio (Adrián, min.83), Jose (Tedín, min.65), Mario (Buri, min.84) e Felipe Barreiro.
  • ALCAIÁN: Martín, Jorge, Lino, Martínez, Pombo, David, Corral, Iván, Dani, Pichel e Daviciño.
  • Goles: 1-0, min.55: Sergio; 2-0, min.70: Sergio.
Vitoria clara do Camelle diante dun equipo bastante mermado polas baixas, tan só acudiu con once xogadores. A falta de puntería dos locais impediu que o marcador fora máis amplo ao seu favor. Empezou o Camelle moi forte pero con moitas presas por agradar a gran cantidade de siareiros que se deron cita na estrea do campo de O Rodeiro. Nos primeiros minutos tivo o Camelle ata catro ocasións moi claras que non foron quen de resolver.O Alcaián apenas inquietou o marco defendido por Purrúa na primeira metade, na que se chegou co empate a cero ao descanso. Empezou o segunda metade cunha boa ocasión para o Alcaián no lanzamento dunha falta na que o porteiro local fixo unha intervención de mérito. A partir de aí, ocasións e mais ocasións para os xogadores do Camelle que as tiveron por mediación de Jose, Barreiro, Tedín, Buri e Varu, pero nas que só Sergio foi capaz de marcar por partida dobre.

Castrelo - Laxe (2-2)

O Castrelo 2012-2013
  • CASTRELO: Roberto, Kevin, Mario, César, Luís, Litos, Estebo, Diego, Manolo (David, min.90), Germán e Ismael (Martín, min.46)
  • LAXE: Diego, López, Roi (Darío, min.46), Naya, Ventura, Iván Vilanova, Felipe, Pailos, Borja, Samu e Zurich.
  • Goles: 0-1, min.13: Felipe; 1-1, min.46: Litos; 2-1, min.48: Litos; 2-2, min.76: Darío.
O Laxe 2012-2013 Partido adiantado a tarde-noite do venres no que o Castrelo sumou o primeiro punto da súa curta historia. O partido foi bastante falto de ritmo e con moitas imprecisións de parte a parte. Comezou mellor o Laxe, que aos 3 minutos xa mandou un balón ao pau. Pouco despois, unha falta lanzada por Roi e despexada polo meta Roberto e o rexeite pescouno Felipe para poñer os visitantes por diante. Pouco despois puido empatar Diego, pero o seu disparo cruzado despexouno o seu tocaio a córner. Na segunda metade o Castrelo saíu moi ben e no primeiro minuto Litos recibe un balón na frontal da área, regatea ao seu defensor e marca cun tiro axustado ao pau. Dous minutos depois, de novo Litos, dende unha posición similar, pero desta vez coa súa perna dereita, marca o segundo, como diría pola Costa, “o que tuvo retuvo”, lonxe de estar na mellor forma física, o xogador de Vimianzo fixo gala da súa clase nos dous goles e a piques estivo de darlle a vitoria aos seus no tempo de desconto. O Laxe intentou reaccionar, pero non estaba acertado nas súas finalizacións. O xogador de refresco, Darío, foi o home máis determinante e con xogadas individuais foi tirando dos seus. Así, no minuto 76 marcaba o empate cun forte lanzamento dende fóra da área. Samu cun par de ocasións puido darlle a volta ao marcador, mentres que Litos, en tempo de desconto, puido deixar os tres puntos no Municipal de Vimianzo.

Nantón - Porteño (1-2)

Nantón-Porteño
  • NANTÓN: Bonano, David Lareo, Carlos Santos, Diego, Eloi, Martín (Dani, min.60), Fabio, Dani Costa, Cachi (Rubén, min.46), Borja e Luís.
  • PORTEÑO: Pablo, Pejo, Oscar, Maikol, Asier, Ismael, Mario Toja, Iago (Nené, min.84), Búa (Wi, min.81), Brais Grela (Gabi, min.65) e Bieito.
  • Goles: 0-1, min.6: David Lareo, en propia porta; 0-2, min.9: Bieito; 1-2, min.78: Luís.
  • Expulsión: O visitante Maikol (min.73) con dobre cartón amarelo.
Botou en falta o Nantón aos seus centrais habituais, Sito, agora no Soneira, e Félix, que arrastra unha lesión. Saíu con moitas dúbidas atrás o equipo de Luís, feito do que se aproveitou o Porteño para case sentenciar o choque nos primeiros minutos. Primeiro David Lareo marcaba en propia porta cando quería despexar unha falta lateral botada por Mario Toja, e logo a falta de intensidade nun despexe, deixou o balón franco para que Bieito puxera o segundo. Na segunda metade tentou reaccionar o Nantón, pero fíxoo moi timidamente. No minuto 49 un erro do meta Pablo deixou o balón para Borja, pero andou rápido o meta para emendar o seu erro cando o balón se metía no fondo das maias. Pouco despois, nun rexeite nun córner, o balón quedou franco para Carlos Santos, pero o seu remate foise alto. A pouco do final, un balón longo as costas dos centrais aproveitouno Luís para encarar ao porteiro, regatealo e marcar a porta valeira. Buscou o Nantón o empate, pero non tivo grandes ocasións de gol.

Independiente - Cerqueda (2-1)

Independiente-Cerqueda - Foto UD Cerqueda
  • INDEPENDIENTE: Iván, Dani, Castro, Suso, Jonathan (Scot, min.70), Carlos, Cholo, Mario (Adrián, min.84), Ivi (Brais, min.75), Velo (Michel, min.55) e Juni.
  • CERQUEDA: Costa, Bastón, Maikel (Iván Ponte), Javi, Santi, Dani, Manu (David, min.47), Diego, Juanjo, You e Hector (Javi Pazos, min.47).
  • Goles: 1-0, min.12: Cholo; 2-0, min.14: Juni; 2-1, min.75: Santi.
Saíu moi ben o Independiente e en dous minutos púxose con vantaxa de dous goles, iso deulle moita tranquilidade para dominar o choque. Cholo marcou o primeiro cun gol olímpico e logo Yuni. Na segunda metade o Cerqueda foise facendo pouco a pouco co control do balón e conseguiu reducir distancias por medio de Santi, que marcaba de cabeza tras varios rexeites despois dun córner. Buscou o gol da igualada ata o final o equipo de Roberto Lozano, pero non dispuxo de moitas ocasións de gol. Independiente-Cerqueda - Foto UD Cerqueda

Baiñas - Coristanco (1-1)

  • BAIÑAS: Damian, Héctor, Sancho, Samuel, Dani, Iván, Luís, Cristian (Adrián, min.60), Stiven (Diego, min.75) e Esteban.
  • CORISTANCO: Ché, Oscar, Luís, Dani, Torreira (Magobi, min.25), Damián, Iván, Cristian Cancela (Diego, min.55), Sergio, Omar (Nacho, min.72) e Mallón.
  • Goles: 1-0, min.65: Hector; 1-1, min.70: Diego.
Non acaba de arrancar o Baiñas que lle esta custando moito facer gol. O sábado tivo bastantes ocasións de gol, pero non están acertados os pupilos de Jose Manuel Pato, mesmo desaproveitaron unha pena máxima na reta final do encontro. Héctor, no segundo pau, marcaba tras un rexeite nun córner, pero tan só cinco minutos despois igualaba o Coristanco por medio de Diego, tras varios rexeites na área. O partido tivo moitas alternativas por ambos bandos. Omar, Nacho e Diego gozaron de boas ocasións para o equipo adestrado por Rochi. Luís tivo, no minuto 89, a vitoria para os de Baiñas, pero lanzou o balón por enriba do longueiro.

Fisterra B - Corcoesto (2-2)

  • FISTERRA B: Sier (Juanjete, min.60), Sheg, Dani (Estrella, min.75), Jorge, Santi, Juan, Cote, Pana, Bruno, Mario (Abel, min.60) e Insua (Eloy, min.65).
  • CORCOESTO: Anxo, Alberto, Pablo Longo, Sergio, Ángel, Pablo Vázquez (Uruguaio, min.85), Edelmiro, Rodri (Pichuco, min.46) (Pablo Patelo, min.60), Martín (Javi, min.46), Josiño (Couto, min.80) e Héctor.
  • Goles: 0-1, min.15: Héctor de falta; 1-1, min.25: Pana enganchando dende o punto de penalti; 2-1, min.60: Cote de cabeza tras un córner; 2-2, min.70: Javi.
  • Lesión: Pichuco cun corte nos beizos.
Partido con alternativas no marcador que comezou cun Corcoesto poñéndose por diante. Un Corcoesto que foi perdendo fuelle por mor da Barca e comezaron a ter erros defensivos aproveitados polo Fisterra. Empatou Pana aos 25 minutos e Cote na segunda, cun cadro local moito máis afinado, puxo por diante aos de Borrasca. Sen chegar con demasiada claridade, os locais dominaron con firmeza, pero o Corcoesto amenazaba á contra. Así chegou o empate por medio de Javi a falta de 20 minutos e así puido chegar a vitoria visitante se Pablo Patelo non marrase a última ocasión.

Lira - Xaviña (4-5)

  • LIRA: Miguel Anxo, Santi, Fran, Manolo (Pelexo, min.55), Hermi, Suso Patachín (Josiño, min.65), Miguel, Chindo, Miche (Abel, min.55), Suso Perico e Fran Perico.
  • XAVIÑA: Moro (Lalá, min.46), Jallejo (Rusiño, min.46), Beto, Caamaño, Juan Antonio, Pirucho, Gatusso, Korreos, Elvis, Borja e Frutos (Bieito, min.30).
  • Goles: 1-0: Fran Perico; 2-0: Suso Patachín; 3-0: Suso Perico; 3-1: Borja; 3-2: Frutos de penalti; 3-3: Rusiño; 4-3: Roberto de falta; 4-4: Fran Perico; 4-5: Bieito dun tiro mordido que entrou chorando.
Partidazo de ida e volta, con dúas partes moi diferenciadas onde se pudieron ver moitos máis goles aínda. Na primeira os locais aproveitaron a fraxilidade dos visitantes (tamén tocados da Barca) nos balóns en longo, polo que gracias o seu xogo directo creaban ocasións con moita facilidade. O 1-0 chegou despois dunha falta con máis de 10 rexeites que remachou Fran Perico finalmente. O 2-0 veu despois dun balón ás costas da defensa que despois dun tiro de Suso Perico o pao mandou Suso Patachin o fondo das maias. E nestas nun tremendo fallo defensivo dos locais, os camariñáns mandaron ao pao e na contra Suso Perico rematou ao longueiro e recollendo o seu propio rexeite poría o 3-0. Aínda houbo tempo para outro remate o pao de Suso Perico antes do descanso, e o 3-0 parecía deixar o partido sentenciado. Non foi para nada así e á volta dos vestiarios o guión cambiou completamente. O Xaviña saíu a morder e os locais xa estaban celebrando a vitoria, e en apenas 20 minutos deron a volta ao marcador. No 47 un gran pase entre liñas deixaba a Borja dante de Miguel Anxo; no 50 un inocente penalti transformado por Frutos e no 55 un mal rexeite do porteiro local aproveitado polo Rusiño puxeron xa o empate. E no 65 despois de protestar un penalti non pitado na área local, os visitantes remataron de darlle a volta o partido cunha falta dende o borde da área por medio do míster Roberto. Ante a remontada a afección local espoleou aos seus e voltaron a metelos no partido, conseguindo Fran Perico o 4-4 nunha gran xogada de rabia no 80. E aínda habería para máis, pois o propio Fran reclamaría un derrubo na área visitante, e os fallos en defensa do Lira darianlle a vitoria aos visitantes no 85 o coller un rexeite dun man a man que Bieito convertiu tras un tiro que entrou chorando per que vale 3 puntos.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios