Mangouras, a cabeza de turco
Igual non son a persoa máis idónea para falar deste tema e tampouco encaixa na liña da miña crónica de opinión en QPC, pero non todo vai ser fútbol. Dado que estes días estamos co xuízo sobre o caso Prestige, non me cabe no corpo non opinar sobre a situación do capitán Mangouras, ese veterano capitán grego que dirixía os destinos do tan célebre buque que tan malos recordos nos trae aos galegos de pro, como aos adoptivos da marea branca.
Non vou ser eu que imparta xustiza, para iso están os xuíces, pero quizais si debamos facer un pequeno exercicio de moralidade. Quero centrarme na imaxe do capitán nestes días no que o asunto Prestige volve a estar de actualidade, pois, como ben sabedes, estase a celebrar o xuízo na Coruña. Dende que comezou o xuízo puiden ver pola tele a Mangouras, vino como un lobo de mar que se encontra acorralado e desbordado pola dimensión do caso, pois semella que toda a responsabilidade do caso recae sobre el. Algúns poden pensar que el fixo sufrir a moitos máis e que causou un gran desastre, pode ser certo, pero penso que o capitán fai 10 anos cando comezaron os problemas el era unha marioneta nas mans dos fletadores, aseguradoras, armadores etc..., desas mafias que fan o que sexa para gañar uns poucos dólares.
Sorprendeume moito cando comezou a entrar nas declaracións o imputado capitán, semella que hai que buscar un cabeza de turco e o máis doado é cargar sobre un ancián de 77 anos, cando todos sabemos, que pode ou non ser culpable, pero o que está claro que un só culpable non o hai. Outros que seguro tiveron algunha responsabilidade non están nin se lles espera. É moi fácil atacar e intentar culpabilizar a un veterano capitán, que no momento que hai que tomar decisións el non as toma, tómanas as aseguradoras, armadores ... el é simplemente quen nas transmite aos gobernantes que nese momento están ao mando. Outras farán a lectura de que ben se puido negar a capitanear un barco con serias deficiencias. Eu síntoo como un ataque directo a un vello mariño, por favor busquen máis responsables!!!
Seguemento especial do Xuízo do Prestige en QPC
- 23-11-12: López-Sors: “A min me parecía mellor que o barco se afundise o máis lonxe da costa”..
- 20-11-12: Mangouras: “Sen as decisións das autoridades españolas a contaminación non tería chegado ao Cantábrico”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).