Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Mangouras: “Sen as decisións das autoridades españolas a contaminación non tería chegado ao Cantábrico”

Mangouras: “Sen as decisións das autoridades españolas a contaminación non tería chegado ao Cantábrico”
Imaxe do Xuizo do Prestige - Foto- Jose Luís Louzán

O capitán do “Prestige”, Apostolos Mangouras, remataba hoxe a súa declaración no marco do xuízo pola catástrofe (ollar o resumo da mesma minuto a minuto) culpando as autoridades españolas de ter provocado a contaminación no Cantábrico e incluso na costa francesa o enviar o barco en dirección norte un día despois do accidente.

A preguntas do letrado da propietaria do buque, a navieira Mare Shipping, o capitán do mercante sinistrado insistiu en que o afastamento do barco foi "a peor decisión posible", máxime a vista do aviso de temporal que existía para o día 15.

Así, recalcou que lle resultou estraño que non lle ofreceran un porto refuxio. "Si o buque se levara a unha enseada non ía perder máis carga e se tivera salvado", afirmou, en alusión os movementos posteriores a que as autoridades tiveran tomado control da nave.

Neste senso indicou Mangouras que “o rumbo o definían as autoridades españolas” e que se rexeitou en todo momento a súa petición de cambialo para ir cara o sur e non cara o norte e logo o oeste, coma finalmente se fixo.

Preguntado por este mesmo avogado si era certo que "sen a orde" dada sobre o rumbo do barco "a contaminación nunca tería afectado o Cantábrico nin a costa francesa", Apostolos Mangouras foi directo afirmando que "sí".

Ir a descargar

Tratado como un criminall

Ao respecto do día mesmo do accidente, o capitán considerou coma un auténtico "fenómeno" as "ondas xigantescas que batían contra o petroleiro" e recalcou que non é posible precisar si a fisura dos tanques de lastre se produciu por esa causa ou por outra.

Tamén afirmou que, dende o momento do accidente, o día 13, ata o 15, cando foi finalmente evacuado, estivo "72 horas sen durmir nin comer”. "Estaba en situación de estrés", resumiu o capitán, que tamén defendeu a labor da súa tripulación ademais da súa propia actuación. Preguntado polo seu letrado sobre si era consciente do "valor heroico" da súa decisión de permanecer no barco, o capitán afirmou que "si" e que "o paguei moi caro".

Mangouras tamén denunciou de novo que foi tratado “coma un criminal" polas autoridades españolas e que a súa detención foi "o peor día" da súa vida.

Ir a descargar

Estado do barco

Volvendo sobre o estado real do mercante, Mangouras remarcou que nas cinco inspeccións realizadas nos meses anteriores ao accidente, o barco no foi "detido" polos problemas de seguridade e corrosión que presuntamente presentaba no seu casco e instalacións. “Si así fora (os problemas de corrosión) os inspectores nunca nos terían deixado saír do porto” insistiu.

Sobre a corrosión que si recoñeceu ter detectado nos tanques de lastre xusto antes de emprender a viaxe definitiva do mercante, o capitán aseverou que en "todos" os barcos se ve "ferruxe". "Excepto nos buques novos, porque os tanques están pintados dunha cor que non se vai nunca" matizou.

Cambio de testemuña

Finalmente, e despois de 12 horas de interrogatorio, hoxe remataba a declaración do capitán do “Prestige” e comezaba a do seu xefe de maquinas.
Na mesma liña este, Nikolaos Argyropoulos, defendeu a súa decisión de quedarse a bordo tralo accidente, para "axudar", negando que non tivese colaborado nas labouras de remolque do barco.

Tamén insistiu, coincidindo co capitán, na existencia de "ondas xigantescas" o día do sinistro. "Toda a cuberta estaba por debaixo da superficie da auga".

A preguntas da Fiscalía o xefe de maquinas negou danos na máquina do petroleiro. "Só sufría pequenas avarías", indicou, negando que se producirán enfrontamentos co inspector marítimo que subiu o barco (Serafín Díaz) tralo sinistro. "Alguén lle preguntou como fixo para arrancar el a máquina?" afirmou.

Nikolaos Argyropoulos insistiu en que, tanto el coma o capitán e o primeiro oficial, decidiron quedar no barco "para axudar", seguindo a tese mantida polo capitán do “Prestige”, que negou que non colaborase cos servizos de salvamento na posta en funcionamento do barco para o seu remolque.

Mañá mércores, o xefe de máquinas respostará a preguntas da defensa do capitán do “Prestige” despois de que hoxe a Fiscalía rematase a súa quenda.

  • José Luís Louzán, enviado especial de QPC e GC.

Seguemento especial do Prestige, gracias a Suministros Lar

Suministros Lar colabora no seguemento especial do xuizo do Prestige con QPC

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios