Sábado. 04.05.2024
El tiempo
Alberto Pose
09:39
17/11/10

Receitas para o éxito: traballo e paciencia

Receitas para o éxito: traballo e paciencia

Cando a tempada comeza case que todos os equipos márcanse un obxectivo que, en moitos casos, non e outro que o ascenso. Para conseguilo pédese facer de varias maneiras, pero vendo esta semana a clasificación podemos deducir unha desas maneiras de conseguir o ascenso: traballo e paciencia

Digo esto porque as directivas destes equipos tiveron a paciencia cos seus respectivos adestradores e as gañas suficientes de seguir traballando para intentar conseguir o obxectivo. Se temos que destacar a confianza que depositaron nos adestradores e no seu traballo son o Nantón e o Cerqueda.

No caso do Nantón, con Luis ó frente xa levan varios ano tentando o ascenso e este si parece que conseguiron esa regularidade que anos anteriores non tiñan. Souberon ter paciencia e confiar no míster e nos seus goles para que o ano que ben poidan estar na 2ª Autonómica.

Tamén tivo confianza a directiva da UC Cerqueda no seu míster Rochiccioli; terceiro ano de Carlos no equipo e está colocado actualmente en postos de ascenso, co permiso do Corcubión. Tres anos de traballo de Carlos que creo que ao final darán o seu froito. Xa dicía el que o proxecto do Cerqueda era para tres anos e acertou, pero sempre tivo unha directiva ao seu lado apoiando en todo e intentando facilitarlle o seu traballo dentro das limitacions que ten o clube.

Pero para confianza a do Mazaricos en Raúl Periscal. Ficharon, na miña humilde opinión, un moi bo adestrador: traballor, serio e con gañas de facer as cousas ben. No seu primeiro ano non conseguiu colocar ao equipo entre os tres primeiros, pero o longo da tempada viuse un Mazaricos diferente a anos anteriores. Estou seguro que a directiva escoitou algunha vez a cantinela de sempre: "si eu tivera ese equipo ascendíao de calle". Oídos xordos os da directiva e a seguir traballando ó caron de Raúl.

Oxalá todas as directivas tiveran a paciencia que tiveron estas e as gañas de seguir traballando.

Crónicas de Alberto Pose

Crónicas de Manuel Varela

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios