Xoves. 28.03.2024
El tiempo

5 temas e un bonus track

5 temas e un bonus track
Xaxexixoxu pola xornada unica

O Colexio CEIP Praia de Quenxe enfróntase unha vez máis aí a volta da esquina cunha nova votación para instaurar a xorndada única, tema certamente que levanta certa polvareda cada vez que se pronuncia.

Como todo cambio sempre xurde certa resistencia, moitas veces pola incertidume que toda mudanza produce nos nosos hábitos de vida, mais que de xeito global paréceme o mellor marco horario para que os nosos fillos e as nosas fillas desenvolvan a súa actividade escolar.

Tratarei de explicar de xeito resumido no que lle din en chamar: Cinco temas e un bonus track.

XA‐ Xornada Adecuada.

Considero que adiantando o horario, favorece ao ocio dos nosos fillos e fillas xa que ao deixar as obrigas na mochila, ben na biblioteca ou ben nas actividades extraescolares teñen por diante toda unha tarde para eles desafogar toda a enerxía que precisan e nós as familias non estaremos con eses ambiente de stress costante cando ao chegar a casa temos que pelexar con eles para que fagan as tarefas pendentes.

XE‐ Xornada Eficiente.

Considero que coa nova distribución de horario favorecerá a xestión máis eficiente tanto no centro educativo como fora del.  

XI.‐ Xornada Intelixente.

Penso e por iso así o defendo que é o máis intelixente para, por unha banda, dotar dun marco máis adecuado e eficiente e por outra banda, para protexer e incentivar o noso colexio.

XO‐ Xornada Organizada.

As cousas non veñen soas e toda preparación precisa o seu tempo, esta xornada axudaría moito (é non é cousa baladí) a organizar mellor o centro e as familias que precisen conciliación familiar por traballo o outras casuísticas que se presenten.

A mestura destes catro temas da o tema principal que vai ser (xa o é) o éxito da primavera o
XU‐ Xornada Única.

Bonus Track

Unha persoa a quen admiro e respecto díxome un día que na vida sempre hai que defender ao colectivo máis débil, porque defendendo aos débiles facémonos máis fortes. Isto que soa tan estupendo é un leiv motiv na miña vida, os nosos fillos e fillas non pediron vir ao mundo e é nosa responsabilidade dotarlle do mellor (como fai calquer familia, por suposto, non pretendo xulgar a ninguén) e, aparte de argumentos que poidan xurdir e casuísticas concretas (nada é certeiro 100%) estou convencido que aXU‐  Xornada Única. É o mellor marco horario para que os nosos fillos e fillas desenvolban as súas actitudes e aptitudes tanto dentro do Colexio como Fora do Colexio, porque a Educación non se limita só ao que aprenden nos libros e nas clases..

E sobre todo porque considero que os nenos e nenas teñen direito a ser nenos e nenas.

  • Alexandre López Romero (Un pai normal e corrente, e as veces ocorrente).
 

Novas relacionadas

Artigos de Alex López Romero

   

Comentarios