Luns. 07.10.2024
El tiempo

CPX!

Manifestacion por CorcubionPartidoXudicial-Foto-Juanma Ronquete Hai 3 anos daquela Manifestación por #CorcubionPartidoXudicial-Foto-Juanma Ronquete Fai tres anos, ás 20:00h sacaron esta foto que recolleu varios medios (esta foi portada de QPC). Se hai algo do que fico e lembro con certo orgullo é disto. Orgulloso por ter sido cómplice e colaborador dunha folla de ruta para defender á nosa vila. Orgulloso dos meus compañeiros e compañeiras da asemblea local do bng por apoiarme. Orgulloso das miñas compañeiras e compañeiros da asemblea comarcal do bng por sacar adiante ás iniciativas. Orgulloso dos compañeiros e compañeiras que pateamos a vila para dar información, colar cartazes, reparto de placas solidarias, palestras etc... foi unha cansa, mais gratificante tarefa na que aprendín un lote de cousas de todos e todas eles Orgulloso dos veciños e veciñas de Corcubión pola resposta e compromiso obviando loitas partidarias. Estando todos a unha. Colaborando de xeitos diversos. Quero mencionar ao autor do video que pasou horas e horas tratando de elaborar unha montaxe de Braveheart que traspasou fronteiras chegando a currunchos inimaxinábeis. Colaboracions anónimas que enriqueceron á campaña de xeito notábel. Orgulloso de amigos que se xuntaron comigo a facer un manifesto de apoio que non veu a luz porque a barbarie rematou antes, mais foi un verdadeiro pracer estar eses días argallando políticas comúns a todos e todas para defendernos do que podía ser unha verdadeira catástrofe na nosa vila e comarca. Un efecto dominó imparábel. Orgulloso de todos os locais de Corcubión que luciron a placa de apoio do CPX! nalgúns aínda fican pendurados como lembranza de días de loita Orgulloso dos habitantes da Costa de Morte e máis alá que nos chamaban para facer a foto co cartaz de apoio -Corcubión Partido Xudicial!- publicándose na RRSS e facendo un clima de solidariedade fóra de localismos perniciosos que tanto dano fan a esta comarca Orgulloso das máis de 500 persoas que se concentraron ese día a defender os intereses do Partido Xudicial de Corcubión Orgulloso, en definitiva, porque se demostrou que a mínimo que se fagan as cousas ben, o povo responde e responde ben, ese ano demostráronnos con creces Ese ano todas e todos estabamos na mesma loita. Ese día berramos coa gorxa común: Corcubión Partido Xudicial! Ese día fiquei afónico Mais regresei á casa cun tremendo orgullo polo deber cumprido, polo que vin, polo que ouvín e polo que vivín e se un dia hai que volver a defender os intereses da nosa vila, da nosa comarca, do noso País, alí estarei, alí estaremos. Corcubión Partido Xudicial!

 
  • Alexandre López Romero (Un pai normal e corrente, e as veces ocorrente).

Novas relacionadas

 

Artigos de Alex López Romero

Comentarios