Esconxuro
19:42 23/06/18
Fóra o fascismo disfrazado de fundacións que queren encarcerar aos que loitan por recuperar o que é do povo. Eu, cos 19 de Meirás
Fóra os residuos, os plásticos, os maleducados que tiran botellas e merda ao campo ao mar...
Lume!
Fóra o malestar capitalista, a mercantilización do ocio, o benestar de maniquíes créndose homes libres
Fóra o oportunismo oportunista narcotizando as nosas mentes, facendo caixa coas nosas miserias...
Lume!
Fóra a política politiqueira, o sectarismo, a tribo electoralista, o voto trampa, a mercadoctenia do sistema
Fóra as organizacións verticais vendendo ás loitas obreiras, vendéndose amarelos e traidores...
Lume!
Fóra aos envexosos, aos cínicos, aos que queren anular corazóns libres
Fóra aos governos paralisados polo medo, polas contradiccións da nova orde mundial...
Lume!
Fóra aos que brindan con coitelos nos dentes, que xogan coa xenerosidade, abusóns e covardes
Fóra as manadas de cabróns, os que violan, os queren facerse a vítima culpando á vítima...
Lume!
Fóra aos asasinos silenciosos nos despachos, aos que prefiren berrar gol e non basta xa!
Fóra aos que recortan direitos, aos que padecen dun défice democrático ao non recoñecer os povos
Lume!
Fóra aos que non recoñecen a revolución feminista, aos que querem manter seu lugar de confort, seus privilexios patriarcais
Fóra aos que se agochan no mundo artificial de sol e tabernas prefabricadas, súas vidas de mentira...
Lume!
por isto
e moito mais
saltamos a cachela
para que non me trabe
nen cadela nen can...
- Alexandre López Romero (Un pai normal e corrente, e as veces ocorrente).
Artigos de Alex López Romero
- Xente Pequena (II).
- Daaasmeee uuun peeesooo.
- Monólogo do Apalpador.
- Un artigo para xente pequena (I).
- Free Jazz.
- Paterson.
- CPX!.
- Muiñeira triste de Fisterra Blues.
- De voitres, escorias e da necesidade de soltar malos fumes.
- Hachikí!.
- 5 temas e un bonus track.
- Estimados quen sexades de Hazte Oír.
- Redacción QPC ([email protected])