Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Estimados quen sexades de Hazte Oír

Estimados quen sexades de Hazte Oír
Polemico bus de Hazte Oir Polémico bus de Hazte Oír Estimados quen sexades de Hazte Oír: Por razóns que non veñen ao caso, chegou ás miñas mans un caderno supostamente educativo acusando un non sei que de lobbies LGTB que pretenden intoxicarnos nunha suposta ideoloxía en contra do que vostedes din que é natural. Non vou rebater nada, nin refutar nada, porque non merece nin a máis mínima consideración palabras que baixo a liberdade de expresión van empapadas dunha ideoloxía retrógrada, altamente perigosa, e que non ten a máis mínima consideración ao ser humano. E é por iso, porque aquí somos xente normal, xente que pretendemos derribar muros invisíbeis feitas con barrotes de odio, xente que só vemos persoas, indistintamente da súa maneira de pensar, raza, orientación sexual etc… Lémbrovos o "artículo 14 da Constitución Española" esa que vostedes defendedes con tanto impetu, por se a esquecíchedes: ”Capítulo segundo. Derechos y libertades”. Artículo 14: Los españoles son iguales ante la ley, sin que pueda prevalecer discriminación alguna por razón de nacimiento, raza, sexo, religión, opinión o cualquier otra condición o circunstancia personal o social.”   Así que por favor deixade de enviar panfletos totalmente ofensivos ás persoas. Aquí somos xente normal e dende a humildade pretendo con esto #FacervosCalar.
  • Alexandre López Romero (unha persoa normal que non lle ofende para nada as cores do arco da vella).
 

Comentarios