A colección de ouverivería da Fundación (II)
A maior parte das pezas de ourivería da Fundación que chegaron á actualidade, foron mercadas fundamentalmente para a capela do centro educativo, e pertencen á fábrica madrileña de Meneses, da que se fixo un breve percorrido pola súa historia no capítulo anterior.
Antes de deternos na colección de ourivería propiamente dita, faremos un percorrido pola decoración da capela onde repousan os restos do benefactor ceense, D. Fernando Blanco de Lema.
A Decoración da Capela (I)
O dezanove de agosto de 1887, case un ano máis tarde do inicio da actividade docente, ábrese ó culto a capela do Colexio.
“Y por último, no daré término a esta breve memoria sin hablaros de esta hermosa Capilla destinada al culto divino, en la que el lujo y la magnificencia de los ornamentos sagrados son propios del Ser Supremo á quien adoramos.
Por causa de las obras que en dicho oratorio hubo que practicar, no pudo abrirse al culto hasta el 19 del pasado agosto, en el cual, después de bendito, se celebró por primera vez, con asistencia del albacea Excmo. Sr. D. Antonio Vázquez Queipo y de las autoridades de esta villa, el Santo Sacrificio de la Misa, estando su divina Majestad de manifiesto y expuesto á la adoración de los fieles hasta las cuatro de la tarde”.
José García Rúa. Profesor e Secretario do Colexio-Instituto da Fundación Fernando Blanco de Lema. Memoria do Curso 1886-87.
A capela conta cun altar maior, de mármore branco, presidido por unha fermosa escultura de San Fernando III o Santo, o cal, nunha man porta a espada desenvainada, e na outra o orbe (símbolo cristiano de autoridade), do que colgan tres chaves que representan a toma das cidades de Sevilla, Córdoba e Xaen. Completa o conxunto do altar un Sagrario, en mármore branco con incrustacións, e dúas estatuiñas de Xesús e María nenos, colocadas a ámbolos lados da figura central de San Fernando.
Na capela tamén se atopa o mausoleo, de mármore branco, no que repousan, dende o ano 1889, as cinzas do fundador.
No 1888 embelécese a capela coa pintura da bóveda, que realiza Eugenio Villar, da Escola de Artes e Industrias de Santiago, e cunha “Gloria”, que rodeaba a imaxe de San Fernando III, realizada polo pintor madrileño Luís Muriel López, especialista en escenografías teatrais e discípulo de Carlos de Haes.
“La hermosísima capilla consagrada al culto divino ha sido bellamente pintada y enriquecida con dos confesionarios, un púlpito, varios bancos reclinatorios y un órgano ó armonium, todo ello de tanto lujo como reclama el culto del Dios de las alturas”
José García Rúa. Profesor e Secretario do Colexio-Instituto da Fundación Fernando Blanco de Lema. Memoria do Curso 1887-88.
Ambas obras pictóricas foron restauradas no ano 1919 polos profesores de debuxo da Fundación Alfonso Bermúdez e Ángel Bar, por cuios traballos cobraron un total de 300 pesetas. Con posterioridade é posible que sufrisen algún retoque, posto que na pintura da bóveda figuraba o nome de Filgueira, pintor da localidade. Pero, o certo é que estas fermosas pinturas non se conservan na actualidade, aínda que permanecen na lembranza das persoas que tiveron a sorte de poder contemplalas.
“En las recientes obras de restauración de la Capilla fue necesario demoler lo que quedaba de la pintura de la bóveda, pues era imposible reparar el enfoscado de barro sobre el que estaban realizadas. La Gloria que enmarcaba la imagen de San Fernando fue retirada con motivo de dichas obras con intención de reponerla, pero quedó tan deteriorada que fue imposible hacerlo”
- Enrique Rey e Antonino Castro. Historia de la Fundación Fernando Blanco. Separata de Compostellanum. Volume XIX.
(…)
- Darío Areas Domínguez, Coordinador do Museo Fernando Blanco e Secretario da Fundación.
Tesouros Ocultos da Fundación
Novas da Fundación
- A música pechou un mes de Cultura na Fundación Fernando Blanco.
- Os alumnos de Cee disfrutan da ciencia e dos contos no Mes da Fundación.
- Neira Vilas repasou a emigración ás Américas no Mes da Fundación.
- Rosalía e Jorge Mira comparten tesouros con Fernando Blanco.
- Cee descobre os Tesouros Ocultos de Fernando Blanco.
- A Fundación amosa os seus Tesouros Ocultos.
Artigos sobre Fernando Blanco de Lema
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (I).
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (II) – O testamento.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (III) – O traslado dos restos mortais a Cee.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (IV) – Problemas á hora de cumprir as últimas vontades do fundador.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (V) – 125 anos de historia educativa no Instituto Fernando Blanco.
- A Guerra da Independencia na vida de Fernando Blanco de Lema.
Outros artigos de Darío Areas
Tesouros da Fundación
- Hemisferios de Magdeburgo, 13 Xul 2012
- Balanza Hidrostática, 03 Xul 2012
- Tetarodon testudineus (Peixe Globo), 27 Xuñ 2012
- Caliza con Ammoniteds Nodotianus, 20 Xuñ 2012
- Aparello de Silberman, 12 Xuñ 2012
- Home clásico, 04 Xuñ 2012
- Custodia, 30 Mai 2012
- Barómetro de Fortin, 23 Mai 2012
- Placa conmemorativa, 16 Mai 2012
- Albarelo, 09 Mai 2012
- Manómetro de Bourdon, 02 Mai 2012
- Pirómetro de Cadrante, 24 Abr 2012
- Marmita de Papin, 18 Abr 2012
- Máquina eléctrica Mixta de Carré, 11 Abr 2012
- Pila en columna de Volta, 03 Abr 2012
- Bomba Aspirante-Impelente, 28 Mar 2012
- Aparello de Nollet, 21 Mar 2012
- Máquina pneumática, 14 Mar 2012
- Atril de Altar, 07 Mar 2012
- Lámpada de Berzelius, 29 Feb 2012
- Modelo de aventadora, 22 Feb 2012
- Ganímedes, 13 Feb 2012
- Máquina de escribir Underwood nº5, 08 Feb 2012
- Harmonium Mustel, 01 Feb 2012
- Aparato de Kipp, 25 Xan 2012
- Papoula Silvestre, 18 Xan 2012
- Máquina de vapor de Watt, 11 Xan 2012
- Gravado “La Virgen del pez”, 03 Xan 2012
- Fonógrafo, 23 Dec 2011
- Centrífuga con accesorios, 21 Dec 2011
- Cristo Crucificado (óleo), 04 Dec 2011
- Fol acústico de 8 tubos, 26 Out 2011
- Máquina eléctrica de Ramsden, 19 Out 2011
- Capela da Fundación, 13 Out 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (V) – 125 anos de historia educativa no Instituto Fernando Blanco, 08 Out 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (IV) – Problemas á hora de cumprir as últimas vontades do fundador, 06 Out 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (III) – O traslado dos restos mortais a Cee, 01 Out 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (I), 29 Set 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (II) – O testamento, 29 Set 2011
- O Argonauta, 26 Set 2011
- Monumento adicado a D. Fernando Blanco de Lema, 21 Set 2011
- O piano vertical Rönisch, 14 Set 2011
- Lanterna Máxica, 07 Set 2011
- Modelo da Locomotora Crampton, 31 Ago 2011
- Abeto grego, 24 Ago 2011
- Óleo de Fernando Blanco de Lema, 23 Xul 2011
- Cámara escura fotográfica, 23 Xul 2011
- Gramófono, 23 Xul 2011
- Telégrafo de Morse, 23 Xul 2011
- Esquema Orográfico e Hidrográfico de Galicia, 20 Xul 2011
- O primeiro teléfono de Cee, 13 Xul 2011
- Presentación dos Tesouros da Fundación Fernando Blanco de Lema, 06 Xul 2011
Máis información
Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).