Venres. 19.04.2024
El tiempo

A música pechou un mes de Cultura na Fundación Fernando Blanco

A música pechou un mes de Cultura na Fundación Fernando Blanco
Concha Blanco e Fernando Fraga no mes da Fundacion

Pechou con rotundo éxito o programa educativo e cultural "O Mes da Fundación", que levou a cabo durante este mes de outubro a Fundación Fernando Blano de Lema en Cee. Toda a veciñanza puido disfrutar dunha exposición con Tesouros Ocultos, e sobre todo foron os alumnos os grandes beneficiados.

Ciencia, literatura e poesía encheron de cultura as aulas.

Concha Blanco no mes da fundacion

Esta pasada fin de semana, para pechar o ciclo, compartiron escenario dous grandes da cultura ceense como Concha Blanco e Fernando Fraga. A primeira abriu un ateigado acto no Salón de Actos do Concello coa charla-recital "Emigración: difícil diagnóstico", na que, ademáis de ler varios textos da propia autora centrados na emigración e tamén poemas de Rosalía de Castro sobre o tema en cuestión, creou para ese día un relato titulado "Turbillón de lembranzas" adicado as mulleres de emigrantes que quedaban na terra.

Logo Fernando Fraga regalou a tódolos presentes un magnífico concerto de acordeón. Estiveron tamén convidados Daniel Romar coa gaita e Plácido Baamil coa zanfona.

Concerto na Fundación Fernando Blanco con Daniel Romar coa gaita, Placido Baamil ca zanfona e Fernando Fraga co acordeón

A entidade quere agradecer o apoio da Deputación da Coruña, Fundación Barrié, MacRober, Centro Auditivo Nordés, Loterías Costa da Morte, Upi Informática, CeeColor e Droguería Couto.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Fundación Fernando Blanco da man de Darío Areas.
  • Redacción de QPC ([email protected]).

Comentarios