Venres. 29.03.2024
El tiempo

Rosalía e Jorge Mira comparten tesouros con Fernando Blanco

Rosalía e Jorge Mira comparten tesouros con Fernando Blanco

Menudo par de invitados de luxo tivo esta fin de semana a Fundación Fernando Blanco no marco do seu programa "O mes da Fundación". O venres era a "mesma" Rosalía de Castro a que se achefaba ao IES Fernando Blanco, e o sábado foi o divulgador baiés Jorge Mira o que nos fixo comprender os límites do universo en clave didáctica.

Rosalía no Instituto

Rosalia-na-Biblioteca-do-IES-fernando-Blanco Cristina-Ramallal-fixo-de-Rosalia-para-a-Fundacion-Fernando-Blanco

Este venres 4 de outubro, a actriz Cristina Ramallal impartiu 3 obradoiros sobre a figura de Rosalía de Castro na Biblioteca do IES Fernando Blanco. Os destinatarios foron 150 alumnos/as de 1º e 2º da ESO do Colexio Manuela Rial Mouzo, do IES Agra de Raíces e do IES Fernando Blanco.
A actriz, caracterizada de Rosalía de Castro, contoulles a vida da poetisa e faloulles da súa obra. Recitáronse poemas, escenificáronse e elaboráronse caligramas (poemas, frases ou palabras cuxo propósito é formar unha figura acerca do que trata o poema, na cal a tipografía, caligrafía ou o texto manuscrito configúrase de tal xeito que crea unha especie de imaxe visual).

Ditos obradoiros, financiados pola Fundación Barrié, supoñen o arranque do intenso mes de outubro na Fundación Fernando Blanco.

Unha de física con Jorge Mira

O sábado 5 de outubro, o físico baiés Jorge Mira impartiu unha conferencia encadrada dentro do Programa de Actos "O Mes da Fundación", organizado pola Fundación Fernando Blanco en colaboración con distintas entidades e establecementos (Deputación da Coruña, Fundación Barrié, Admon Lotería Costa da Morte, MacRober, CeeColor, Droguería-Perfumería Couto, Upi Cee).
A conferencia titulada "Qué distancia nos separa do firmamento" serviu para coñecer, de maneira didáctica e amena, os métodos empregados dende a antiguedade para coñecer os límites do universo.

Jorge Mira falando sobre o universo na Fundacion Fernando Blanco

Vindeira actividade

Neira Vilas estara en Cee

O programa "O mes da Fundación" continuará o venres 11 cun obradoiro centrado no coidado da natureza, destinado óas alumnos/as de infantil e 1º ciclo de primaria dos colexios Eugenio López, Manuela Rial, Brens e Pereiriña.

Ademais, o sábado 12, visitará Cee D. Xosé Neira Vilas para disertar sobre a importancia da emigración galega en América. Será ás 19 horas no salón de actos do concello de Cee. Entrada de balde.

Máis información

Fonte

Comentarios